Quantcast
Channel: El toupo que fuza
Viewing all articles
Browse latest Browse all 117

Joselu, galego

$
0
0

Joselué o futbolista de moda nos últimos meses: debutou coa selección española, marcou goles importantes, fichou polo Madrid...

Foto: Faro de Vigo

Joselu Mato naceu en Alemaña pero criouse en Silleda. Nese noso concello deulle as primeiras patadas ó balón e tamén tocaba o clarinete na Escola Municipal de Música. Daquela era Triana para todos. O Director seica lle dixo un día: "Deixa o balón e aplícate á música, que do fútbol non vas vivir". Xa se ve que tiña bo ollo.

Joselu axiña fichou polo Celta e despois por varios equipos de España, Inglaterra e Alemaña. O éxito indiscutible tardou en chegar, pero nos dous últimos anos converteuse nun dos futbolistas máis rendibles. Goles desde a humildade.

En Silleda celebraron os seus éxitos e decidiron honralo: engadíronlle o seu nome ó campo de fútbol, que agora se chama Estadio do Outeiriño Joselu Mato, e os da Escola de Música dedicáronlle unha sentida homenaxe.

Nese acto, alguén de Silleda fixo de speaker e falou todo todiño en castelán. Despois colleu o micro Joselu, que naceu en Alemaña e leva anos vivindo en lugares distintos de España, de Alemaña e de Inglaterra e falou como falaba de pequeno: en galego.

Outro gol de Joselu que celebramos desde a distancia, de paso que lle desexamos que anote moitos máis.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 117

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú