Quantcast
Viewing all articles
Browse latest Browse all 117

O soño de Xoán, de Farruco Graña

Image may be NSFW.
Clik here to view.
Un momento da presentación de "O soño de Xoán"
Hai un par de semanas tiven o privilexio de acompañar a Farruco Graña na presentación da súa novela O soño de Xoán, na Casa das Letras de Ribadeo, nun acto organizado pola A.C. Francisco Lanza.

O autor
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Farruco Graña
Farruco Grañaé profesor de Filosofía no IES de Tapia de Casarego, colaborador habitual na prensa escrita e virtual, activista cultural e político comprometido sempre co nacionalismo. Actualmente é Concelleiro de Cultura en Ribadeo. Un traballador incansable,  “pensador por libre, docente por conta allea e amante das letras” –copio da súa conta de Twiter-..
Como escritor estreouse en 2007 coa novela O bosque de Nadgor. Despois participou en varias obras colectivas: A Coruña á luz das letras (2008), Follas de carballo (2011), Contos da taberna (2014).
Algúns dos seus textos literarios foron merecentes de premios: Accésit no XVIII Certame Literario Manuel OrestesLópez, de Paradela, polo conto “O tren de Vialoudrid”; 3º premio na XV edición do Certame de Narrativa Curta “Ánxel Fole”, polo relato “Campanas de Anllóns” e 1º Premio na modalidade de narrativa do X certame organizado pola A. C. Rosalíade Castro de Cornellá, polo seu traballo “Badaladas de Anllóns”.

O soño de Xoán
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Portada de "O soño de Xoán"
 Contido
A novela  trata sobre as peripecias de Xoán Lourido, un mozo ribadense afeccionado á astronomía, no Ribadeo do século XVII. O protagonista consegue unha copia do Somnium de Kepler e a partir dela, escribe a recreación dunha viaxe de ida e volta  á lúa desde o Monte de Santa Cruz. O seu interese pola astronomía acaba traéndolle problemas co Santo Oficio, xa que un inquisidor con orixes na zona pretende facer méritos ante outros colegas e as informacións que lle chegan con respecto a Xoán Lourido fan que lle bote o ollo para procesalo por bruxería e por ter lecturas contrarias á fe.
Máis alá da ciencia-ficción, na obra hai tamén unha importante compoñente histórica, o cal supón unha dificultade engadida para o autor ó ter que adentrarse nun proceso de documentación que se engade ó esforzo da propia escrita, da creación literaria en si.
Nesta liña, algúns dos aspectos presentas na novela son as relacións políticas entre a Península Ibérica e Flandres, as actividades da inquisición en Galicia, os anos da peste, a historia do porto de Ribadeo e as relacións comerciais con outros portos, a estrutura da vella vila amurallada, a configuración das rúas da vila, os movementos das augas e a toponimia da ría, as rivalidades entre os lugares das dúas bandas da ría, etc.


Image may be NSFW.
Clik here to view.
Outra imaxe da presentación de "O soño de Xoán" en Ribadeo
Estrutura
A obra  estrutúrase en tres partes:
A 1ª, situada na primeira metade do século XV, ó meu modo de ver funciona como contraste á seguinte, que é a que supón o groso da novela. Nesta primeira parte asistimos a un tempo de relación comercial intensa de Ribadeo con outros lugares, o cal permite a entrada de novidades necesarias para o posterior desenvolvemento da trama. Ao mesmo tempo, é un período de bastante tolerancia relixiosa e de convivencia pacífica entre crenzas distintas, simbolizada na cidade de Toledo. 
A 2ª parte, situada na segunda metade do século XVI e, principalmente, primeira do XVII, correspóndese cunha etapa dominada pola intolerancia relixiosa, polo fanatismo e polos comportamentos dos seguidores do Santo Oficio. 
Na 3ª parte nárrase o soño de Xoán, a súa viaxe sideral, que tantos problemas lle causou.

Outros aspectos formais e de contido
A diversidade de perspectivas narrativas, a riqueza do vocabulario e
Ó longo da novela o autor utiliza distintas perspectivasnarrativas e alterna a narración con amplos fragmentos dialogados. Todo isto favorece o ritmo da novela e axuda, por veces, a situar os tempos do relato, xa que aínda que en xeral a historia se desenvolve cronoloxicamente, hai pequenos saltos adiante e a atrás.
Farruco Graña domina o vocabulario galego vivo e tamén o moribundo, os cultismos e o léxico popular, polo que podemos falar de riqueza léxica na obra, o cal non impide algún erro lingüístico e algunha pequena gralla, como sucede en practicamente todo o que se edita.
Está presente a fantasía, a relixión, o amor, o humor,… está presente, en definitiva, unha diversidade de elementos formais e de contido que fan de O soño de Xoán unha lectura ben recomendable.
Image may be NSFW.
Clik here to view.
Cartel da presentación de "O soño de Xoán"

Actualidade
A pesar de que o novela se centra nun momento do que nos separan uns centos de anos, tamén vemos fíos que nos conducen á actualidade, á realidade sociopolítica máis próxima:
“Que bo acerto teñen os monarcas que saben coidar da diversidade dos seus reinos” (p. 21).
 “A diversidade cultural estábase a converter en base da súa riqueza” (p. 106)
Eu non podo evitar ler eses fragmentos en clave actual, tendo na cabeza a recentralización política e o proceso de uniformización cultural ó que asistimos.
“Tendo Amsterdam xentes tan diversas de relixións tan opostas, mantíñase pacífica con poucos ministros, pero con moita xustiza, pois a vivencia relixiosa considerábase algo propio do plano individual que non debía interferir na vida colectiva” (p. 106).
Imposible non pensar na actual situación da relixión no Estado, no ensino e nos rosarios que se nos aparecen onde menos pensamos, en bispos e en Ministros con santos no seu equipo de traballo.
 “En canto que o poder político gravitaba con toda clareza cara o sur tomando como referencia tanto ao Mediterráneo como, sobre todo, ao Atlántico con Sevilla como epicentro da carreira de Indias, pouco iamos poder facer. Mais a verdade, por crúa que sexa, non se debe ocultar, hai que ter a valentía de expresala a viva voz en concello aberto para polo menos poder tomar conciencia dela e mostrarlle aos nosos fillos como poder ir facendo camiño para mudar as cousas”. (p. 59).
A pesar da alusión á carreira de Indias, que nos leva a outros tempos, a referencia á ausencia de poder propio e a necesidade de telo pada mudar a realidade tamén a leo en clave actual. O mesmo sucede con estes outros dous fragmentos:
“…como non esixamos o que nos corresponde, ninguén nolo vai dar”. (p. 60).
 “Este afán por loitar polo seu país, […], no canto de aceptar con resignación a fatalidade da historia, fixo reflexionar a Xoán Lourido en máis dunha ocasión” (p. 79).
Trátase de pequenas pinceladas que o autor nos vai deixando, ben dosificadas para non caer no panfletarismo. O autor escribe cun ollo no pasado e outro no noso presente máis próximo.
Agardamos que sexan moitos os ollos dos lectores.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 117

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú